En este momento estás viendo Slow Food, productos KM 0 na Illa de Arousa

Slow Food, productos KM 0 na Illa de Arousa

 

 

Os «Establecimentos Km 0» transmiten a filosofía Slow Food, porque os seus cociñeiros e cociñeiras comprenden que non se pode separar o pracer gastronómico da responsabilidade cos produtores, sen os cales non existiría a cociña de éxito.

Os cociñeiros e cociñeiras Km 0 xogan un papel fundamental ao ser os intérpretes dun territorio que poñen en valor a través da súa creatividade. A colaboración entre cociñeiros/cociñeiras e produtores, propicia a loita contra o abandono da cultura tradicional e a estandarización da comida.

Un Establecimento Km 0 certificado por Slow Food promove:

  • Redución das emisións de CO2 á atmosfera producidas polo transporte de alimentos.
  • Divulga as calidades e o valor dos alimentos incluídos nas categorías Arca do Gusto, Baluarte e Tutelado.
  • Favorece o consumo de produtos locais, comarcais e estacionais.
  • Apoia aos agricultores familiares da súa contorna.
  • Un prato Km 0 inclúe un 40% dos seus ingredientes de orixe local, polo que o restaurante compra directamente ao produtor a menos de 100 quilómetros de distancia.
  • O 60% restante dos ingredientes que compoñen un prato Km 0 deben pertencer á Arca do Gusto, Baluarte, Tutelado ou ter certificación ecolóxica, DOP ou IXP.
  • Favorecerase a produción extensiva fronte a intensiva e o emprego de variedades tradicionais.
  • Os Establecementos Km 0 son un seguro de calidade alimentaria e unha suculenta experiencia gastronómica.
  • CRITERIOS PARA QUE UN PRATO SEXA CONSIDERADO KM 0
    • Un 40% dos ingredientes deben ser de procedencia local, incluíndo o ingrediente principal. Isto implica que o establecimento os compre directamente ao produtor e este producíraos a menos de 100 quilómetros.
    • O 60% dos ingredientes restantes deberán pertencer á Arca do Gusto, Baluarte, Tutelado Slow Food  ou ter certificación ecolóxica.
    • Primarase as variedades tradicionais da zona e a produción en extensivo.
    • Conscientes das limitacións dos produtores artesanais e a pequena escala para atender pedidos, cantidades e compromisos loxísticos, apelamos á sensibilización de todos para organizar da mellor maneira posible o traballo de cada das partes: produtores e establecementos.

     

O Areoso Beach Club conta coa experiencia e os coñecementos de Ruben Garcia Castrelo, reputado chef da zona que basa o seu modelo de cociña en darlle o protagonismo os productos da Ría de Arousa e os cultivos do Salnés. O ano pasado asumiu o reto de facer da cociña  dun chiringuito de praia  unha experiencia gourmet o alcance de todos os bolsillos cos seus «woks» e este ano está disposto a dar un pasito mais e adentrarse no universo das comunidades slow food    

https://www.km0galiciaslowfood.com/2022/01/ruben-garcia-castrelo.html?fbclid=IwAR2-n5w9x7CUcNyPmiP_LBbe4rIE-29tvIRxtvV6a2B01_ZXUYWgeXS05Y